"A CANARINHA"

13.11.2014 23:31

O equipo formado por Silvio, Manu Tato , David Ramallo , Reca, Pedro , Adrián Suárez e Brais, sen dúbida algunha son candidatos ao título por tercer ano consecutivo, pero desta vez cun nome un tanto peculiar, " A CANARINHA".

Este equipo caracterízase polo seu xogo combiantivo e atractivo de cara ao espectador, un equipo que leva maravillando ao Instituo dende o 2011 , o ano da súa fundación. É un equipo con xogadores de mediana estatura polos que sobresae un rocoso defensa David Ramallo e un porteiro con moi bo un para un , Silvio . Este conxunto ten unha defensa férrea e sin fisuras que nos partidos grandes demostra a súa intelixencia con Manu Tato , este central que incordia ao dianteiro ata facer que este se desespere. O a parcela de arriba está formada por Pedro , xogador moi hábil co balón e moi boa visión de xogo, Suárez , probablemente dos xogadores máis desequilibrantes do momento no mundo do Futsal, Recamán poderío a escoba do equipo, David Ramallo forza ,garra, bo aguante de balón , un gran pivote, e por último Brais, este xogadore que en silencio foise gañando aos siareiros do equipo A Candinha, un xogador que a simple vista non chama a atención , pero crea espacios aos seus compañeiros, está no sitio cando ten que estar , e é moi listo neste deporte.

 

A novidade son as equipacións este conxunto levaba tres anos usando camisetas amarelas , epro este ano xogarán cunha rosa  e cun pantalón negro .